Ribadeo, 10 de maio de 2023. Alumnado dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participan estes días nos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias. Xunto ás nenas e aos nenos estiveron hoxe o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Igualdade, Medio Ambiente e Medio Rural, Mónica Freire, Marcos Villamil e Jorge Díaz.
Ata Pedro Murias se desprazaron hoxe 21 nenas e nenas de primaria do Ceip Grgeorio Sanz, que estiveron a descubrir con moita atención todo o proceso de elaboración do queixo.
A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.