Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello ofreceu un acto de recoñecemento aos veteranos da SD Burela tras proclamarse campións da Liga Provincial de División de Honor

Burela, 19 de maio de 2023. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, participaron hoxe no acto de recoñecemento aos veteranos da SD Burela tras proclamarse campións da Liga Provincial de División de Honor de Veteranos de Fútbol.

Fernández Rey dixo: “o Concello sempre está a carón do deporte local polos valores que fomenta e pola promoción que realiza de Burela nas diferentes competicións nas que participan. Neste caso quixemos ter un recoñecemento cos veteranos da SD Burela”.

O concelleiro de Deportes sinalou: “agardamos que sirvan de exemplo para as xeracións que veñen detrás e para todas aquelas nenas e nenos que están a iniciarse en calquera deporte neste momento”.

Exit mobile version