Esta área dispoñía con anterioridade dunha zona de parque biosaudable con xogos que agora se retiraron co obxectivo de proceder a súa restauración. O grupo de goberno pretende volver colocalos noutra parte da vila, acondicionando unha nova área á que incorporará tamén elementos novos se fose necesario.
A nova zona deportiva de canastras que se habilita ao aire libre no Paseo Marítimo responde á demanda dos veciños e veciños, que reclamaban un espazo para uso exclusivo de baloncesto.
“Con esta actuación damos continuidade ás tarefas de mellora e mantemento que de forma periódica se levan a cabo nos parques e nas instalacións municipais, que inclúen labores de reparación e suxeición dos elementos de xogo xunto á substitución dos elementos deteriorados. Ao mesmo tempo, ampliamos as zonas deportivas, xerando máis áreas para que cativos e maiores poidan desfrutar do baloncesto e do tempo de lecer”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.