Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo realiza estes días tarefas de abonado e segado no Campo de Outeiro, na Devesa, que estará listo para a vindeira tempada

Ribadeo, 11 de maio de 2023. O Concello realiza estes días tarefas de abonado e segado no Campo de Outeiro, na Devesa, que estará listo para a vindeira tempada.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “estamos a levar a cabo os primeiros traballos de abonado e segado no Campo de Outeiro, na Devesa. Desde hai unhas semanas este campo ten un mellor aspecto porque está verde e relucente e para a próxima tempada xa estará operativo para os adestramentos tanto do Ribadeo FC como da SD Ribadeo”.

O edil ribadense dixo que “foron uns traballos con bastantes complicacións debido á meteoroloxía, que foi a que marcou toda esta obra. E agora, con este abonado e os segados antes de que se empece a utilizar, cremos que o campo vai quedar en bo estado para estes adestramentos e outro tipo de eventos”.

Exit mobile version