Os libros que se entregaron foron por unha banda o Libro dos Nenos de Antía Cal Vázquez no ano 1955 na galego daquelas datas e que gañou o o premio literario do Hogar Gallego de Caracas. Conta con preto de 400 páxinas, en color, e está divida en catro partes. Por un lado xeográfica universal, especial de Galicia, tamén historia Universal e a Galega, tratadas a un mesmo tempo, para que os alumnos podan facer comparacións evolutivas da Humanidade.
A autora deste libro naceu na Habana en 1923 nunha familia de emigrantes de Muras e que retornaron cando Antía tiña preto de 9 anos onde pasaría parte da súa infancia ata marchar a estudar a Coruña.
O outro libro do que se fixo entrega o de xogos tradicionais galegos para tempos de recollida que foi consecuencia do confinamento que vivíu Galiza na primavera de 2020. Nese momento, o Observatorio da Patrimonio Lúdico Galego decidiu crear o sitio web xogostradicionais.gal co obsectivo de poñer a disposición de toda a poboación o riquísimo catálogo de xogos tradicionais galegos.
O proxecto orixinal xurdiu a partir da iniciativa de diferentes profesionais galegas da educación, que decidiron crear unha fonte de recursos educativos para que todos e todas seguísemos aprendendo.
O saber non ocupa lugar e esta é unha forma de dar a coñecer o recursos cos que contamos ó noso redor.