A tenente alcalde e a edil de obras supervisaron as actuacións executadas nos lugares de A Carballa, Pereiro e Randea
Tal e como explicaron, a actuación abrangue unha superficie de preto de 5000 metros cadrados, e afecta aos camiños situados nos lugares da Carballa, Pereiro e Randea, cun investimento total de 150.000 euros procedentes todos eles das arcas municipais.
A obra supón un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis adecuadas ás características do tráfico rodado que soportan estas vías; co obxectivo tamén de facilitar a accesibilidade ás parcelas agrícolas e ás vivendas da zona.
Desde o Concello explicaron que “con esta nova actuación tratamos de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado”.