A creación e xestión dun centro “coworking” para emprendedores na Casa Rouco e a implantación dunha marca protexida para a comercialización da carne vacún de Muras, dúas das accións programáticas a destacar para desenvolver na vindeira lexislatura
O candidato do BNG manifestou que “A vindeira lexislatura vai ser a da promoción económica, ca posta en funcionamento do polígono industrial e a creación dun centro “coworking” na casa de Rouco. Os emprendedores terán sitio e ferramentas para levar a cabo os seus proxectos”. Requeijo engadiu que “No sector agrogandeiro creemos que tamén é importante contar cun mecanismo de protección e promoción da carne vacún de Muras, que polas súas especiais características de alimentación, manexo e calidade debe ser diferenciada e protexida, para favorecer a súa comercialización a un prezo digno para os gandeiros e imos traballar arreo para conseguilo a través da creación dunha “Marca Muras”. Por último, o alcalde e candidato apuntou que “Temos un programa con propostas serias e viables, coas que podemos seguir mellorando o benestar e os servizos sociais de Muras. Co BNG no goberno, a veciñanza pode estar segura que non imos recortar nin un céntimo en servizos e axudas, propoñendo novos proxectos para que Muras siga a ser un referente e non polo que se coñecía cando gobernaba o PP.