A mobilidade e a conexión entre as diferentes vilas mariñás, no centro da acción política do BNG, concello a concello
Fenda territorial, agravada na Mariña pola ausencia de infraestruturas
A profundísima fenda territorial, con graves consecuencias a curto e medio prazo na Mariña se non se frea o seu avance, foi agudizada por un deseño de infraestruturas que tampouco tén en conta a mobilidade interna, con graves carencias nos servizos de transporte colectivo de proximidade ou de conexión entre as diferentes vilas da Mariña, donde a A-74 Barreiros-San Cibrao e a VAP Costa Norte San Cibrao – Ferrol quedan reducidas a meros anuncios desde hai dúas décadas, donde o Feve segue esmorecendo, o transporte colectivo non cubre as necesidades de mobilidade da poboación, e mentras tanto os gobernos do Psoe e do PP no Estado e na Xunta siguen marxinando á comarca máis dinámica da provincia xusto cando atravesa un dos seus momentos máis difíciles.
Néstor Rego, que levou ao Congreso en innumerables ocasións estas situacións mencionou tamén como exemplo do desleixo con que é tratada esta comarca,ao derrube da N-642 na entrada de Burela no mes de xaneiro, que de momento e catro meses despois ainda está en reparación. “É inconcebible que en casos coma o do derrube da Areoura non existira nin exista ningún vial en condicións alternativo á N-642, o que vén a demostrar unha vez máis o total abandono das infraestruturas por parte do Estado na comarca da Mariña, que leva máis de dúas décadas agardando pola A-74 sen que ningún dos sucesivos gobernos de un e doutro signo fose capaz de construir nin un só km de autovía”.
Infraestruturas para facilitar a mobilidade, concello a concello
A mobilidade e tamén a conexión entre as diferentes vilas mariñás, é un dos temas que está no centro da acción política do Bng na comarca e no centro dos seus programas, concello a concello. Neste sentido os nacionalistas consideran básico o transporte colectivo, por estrada ou ferrocarril, “porque eso mellora a vida das persoas, que son o centro da nosa acción política, pero para eso hai que dispoñer das infraestruturas correspondentes, infraestruturas necesarias tamén para a entrada e saída de mercadorías, e aí os municipios mariñaos tenen que posicionarse claramente como fai o Bng desde os concellos donde tén responsabilidades de goberno ou desde as institucións donde tén presenza” afirmou o responsable comarcal Antonio Veiga.