Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro propón incrementar Lodeiro con máis aparcamentos, carril bici e unha nova zona verde

Viveiro, 26 de maio, 2023. A retirada do enreixado de Lodeiro, o que vai desde o Casino cara Celeiro, será prioridade dun Goberno do BNG. Un enreixado que non permite desfrutar da zona portuaria envidiábel coa que contamos, e tamén innecesario ao contar xa os pantaláns cos seus propios peches.

“Hai que aproveitar esta zona ampla, plana e que sirve de conexión entre núcleos de poboación e tamén lugares de traballo. Un peche de zonas públicas innecesario hoxe en día”, incideu Míriam Bermúdez, alcaldable do BNG.

Este estudado proxecto do BNG de Viveiro contempla as seguintes actuacións:

Creación de aparcamentos

A retirada do enreixado de Lodeiro permitirá habilitar aparcamentos na zona do porto, abrindo accesos conectados con escaleiras e rampas para vehículos e peóns, nas zonas que están máis perto dos edificios, ambulatorio e comercio.

Carrilbici

O ancho deste espazo permitiría a creación dun carril bici que conectará Viveiro e Celeiro nunha vía cómoda e segura para as bicicletas e patíns eléctricos.

Zona verde peonil

Reforma da zona de paso peonil con densas arboredas e arbustos que permitan romper o impacto visual e separar a zona de tránsito de vehículos da peonil. Creando así unha zona de maior calidade e seguridade.

Exit mobile version