A candidatura, encabezada por Vanesa Gómez Lourido e co actual concelleiro Luis Fernández Fernández nos postos de saída, conta con catro persoas que participan por primeira vez na candidatura do BNG de Riotorto: María Campo Fernández -gandeira, de Aldurfe -, Eloy Treitas Fojaca -administrativo, de Espasande de Baixo – , Antía Villada Pillado – bióloga e veciña de Aldurfe- e Sandra Gómez López, psicóloga e terapeuta familiar, de Courel, en Órrea – .
A candidata a alcaldía valora estas incorporacións, de persoas entre os 25 e os 40 anos, como unha mostra da solidez e do percorrido do proxecto do BNG, que traballará para dar un xiro ao concello despois de oito anos do goberno do Partido Popular, marcado pola falta de transparencia e de equidade na xestión e pola incapacidade para traducir os orzamentos máis altos das últimas décadas en proxectos que melloren a vida das persoas e dinamicen o concello.
Candidatura
Vanesa Gómez Lourido. Xornalista. Vilarquide.
María Campo Fernández. Gandeira. Aldurfe
Luis Fernández Fernández. Traballador de mantemento no Hospital Público da Mariña e gandeiro. Chacín.
Eloy Treitas Foxaca. Administrativo. Membro da Asociación Cultural Avelino Díaz e do Club de Bolos Cruceiro de Meilán. Espasande de Baixo.
Agustín Iglesias Rodríguez. Ferreiro. O Mazo. Ferreiravella.
Antía Villada Pillado. Bióloga na Consellería do Mar. Membro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e da Plataforma Alto Miño Eólica Así Non. Aldurfe.
Sandra Gómez López. Psicóloga e terapeuta familiar. Courel.
Jorge Cabodevila Logilde. Electricista e membro do club Troitas Bravas de billarda. Santa Marta.
Federico Gutiérrez Estoa. Arquitecto técnico. Alcalde de Riotorto de 2007 a 2015.
Mariluz Iglesias López. Mestra. Chacín.
Xoan Carlos Fernández Pereira. Funcionario da Xunta e membro da asociación cultural Arrincadeira. Espasande de Baixo
Horacio Fiallega Lorigados. Xubilado do sector da pedra e primeiro candidato nacionalista nas eleccións municipais despois da ditadura (BN-PG, 1979). O Vilar de Santiago.