Site icon Crónica3.com A Mariña

O arqueiro do IADOVI, Santiago González Villares, triunfa de novo, esta vez en Álava

Cervo, 23 de maio, 2023. A pasada fin de semana celebrouse en Amurrio (Álava) a cuarta e última xornada da Liga Nacional de Campo e 3D da RFETA.

Foi unha fin de semana dura, non só polas condicións meteorolóxicas senón tamén pola topografía dos circuítos. Unhas rutas, iso si, moi bonitas e esixentes que fixeron as delicias dos valentes deportistas que participaron nas dúas xornadas (preto de 60 na carreira de campo e máis de 170 na carreira en 3D).

Alí acudiu o arqueiro mariñán, Santiago González Villares, que participou na modalidade de arco espido, cun bo resultado, xa que foi primeiro en ambas xornadas no campo celebrado o sábado día 13, acumulando un total de 305 puntos mentres que ao día seguinte na competición. 3D logrou 835 puntos. O que lle custará proclamarse campión da Liga Nacional de Campo RFETA e subcampión da Liga Nacional de 3D da RFETA, na entrega de trofeos que terá lugar ao remate dos campionatos de España de ambalas modalidades que se realizarán en Ayola (Valencia) o vindeiro 11 de xuño.

Exit mobile version