Outro proxecto que se plantexa é a creación dun paso inferior baixo a nacional na Corredoira para o paso peonil de veciños e usuarios da Estación de Tren de Foz
O 31 de agosto do ano 2022 publicouse no Boletín Oficial do Estado a aprobación provisional das rotondas de Cangas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O 23 de marzo deste ano 2023 publicouse no BOE a aprobación definitiva. En palabras do actual alcalde e candidato: “Este traballo administrativo previo é fundamental, pero a ninguén se lle escapa que os terreos non están expropiados nin a obra feita. Un compromiso firme como alcalde a partir de xuño é seguir impulsando este expediente no Ministerio, intentar axilizar ao máximo os prazos para que as rotondas se fagan realidade canto antes. Estou satisfeito coa resposta que nos está a trasladar o Ministerio, pero o traballo aínda non está feito. As rotondas son prioritarias, por seguridade viaria e para garantir una accesibilidade axeitada ais veciños da Gralleira, de Ribela, a todos aqueles que se achegan ao Centro Social de Cangas ou utilizan a estrada a Ferreira. Coas rotondas tamén solucionaremos a saída da estación da ITV de Cangas: son unha necesidade”.
Outro dos expedientes nos que se está a avanzar é o enlace da Corredoira entre a nacional e a estrada a Ferreira LU-152. Foi publicada no Boletín Oficial do Estado do 26 de abril deste ano 2023 a aprobación provisional do proxecto de mellora do enlace, que actualmente está en exposición pública.
É precisamente nesta zona do concello na que o candidato e actual alcalde plantexa unha nova infraestrutura para mellorar a accesibilidade das veciñas e veciños e dos usuarios da Estación de Tren. “Na actualidade aquel que se achegue andando á Estación de Tren de Foz ten que cruzar unha nacional con máis de 10 mil vehículos diarios sen ningún paso habilitado. Os veciños da Corredoira e o restaurante a Xoíña tamén están aillados. O que plantexamos é un paso inferior baixo a nacional no entorno da antigua rampla á estación, que dé solución a estos problemas. Temos que avanzar na accesibilidade e na seguridade”