Despois da extensión de fibra óptica levada a cabo nesta lexislatura pretende eliminar os problemas de cobertura de telefonía móbil e mellorar o sinal de televisión
Cada vez invertimos máis en conservación, pero debemos incrementar as partidas para avanzar máis na mellora de viais: é unha prioridade”. Outro eslabón importnate na mellora da conectividade no rural é o sinal de telefonía móbil, unha vez que se estendeu a fibra óptica por todo o Concello: “Hai zonas completamente sen cobertura, como no caso de Brea, Fontao, Teixeira ou Trasmonte, que imos solucionar cunha antena que se instalará este ano segundo as previsións. Quédanos pendente Cordido, parte de Cangas ou o Caritel en San Martiño. Mellorar as comunicacións nas parroquias significa atender as necesidade dos veciños e asentar na poboación. Queremos seguir traballando cun obxectivo claro: mellorar Foz, tamén nas parroquias”. – remata Fran Cajoto