Site icon Crónica3.com A Mariña

O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, o guía turístico lucense Guido Álvarez (guido guía) e a guía mariñá Ana Pena (guía tu día) organizaron o cuarto paseo guiado polo concello de Alfoz para dar a coñecer algúns dos seus recursos máis salientables

A xornada comezou percorrendo o paseo da ruta do río Ouro. Deseguido, visitaron a parroquia do Castro, onde se atopa o Castelo de Castrodouro e a Igrexa Parroquial de San Salvador. Desfrutaron dunha comida na área recreativa da Ponte Nova e a continuación visitaron o Museo da Auga de Finca Galea. Unha xornada do máis animada. O próximo paseo terá lugar no concello de Foz o vindeiro 10 de xuño.

Exit mobile version