Ribadeo, 12 de maio de 2023. A Nao Victoria xa se pode visitar no porto deportivo de Ribadeo, onde estará ata o vindeiro domingo.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que “a Nao Victoria foi a protagonista da primeira volta ao mundo no século XVI (entre os anos 1519 e 1522). A embarcación que está atracada no porto de Ribadeo é unha réplica desa embarcación, que foi construída para a Expo 92, e que fixo o mesmo percorrido que a orixinal entre 2004 e 2006”.
Esta Nao, réplica do barco de Fernando de Magallanes, ten unha superficie útil de 120 metros cadrados en diferentes cubertas, 290 metros cadrados de superficie bélica, 3,20 metros de calado, 26 metros de eslora, 7 metros de manga, 3 paus e 6 velas e ten capacidade para 100 persoas ampliable segundo
Vizoso Galdo engadiu que “o paso por Ribadeo desta embarcación está organizado pola Fundación Nao Victoria, polo Real Club Náutico de Ribadeo e polo Concello de Ribadeo”.
Na Nao Victoria estiveron esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Pablo Vizoso e Jorge Díaz.