Viveiro, 24 de maio, 2023. Xa hai tempo que o sindicato reivindicaba o mero cumprimento da normativa en canto a que, en cada quenda, ten que haber dous axentes da Policía Local. O concello de Viveiro conta actualmente con 11 persoas traballando no Servizo de Policía Local das 15 que hai proxectadas para cubrir na RPT. De novo, pódese contratar persoal sen problemas no Concello de Viveiro.
A alcaldía do PSOE e María Loureiro, decidiron organizar as quendas con tal de non contratar máis persoal, deixando Viveiro sen servizos de Policía Local durante a noite, polo que Viveiro non conta con vixiancia nocturna nin tan sequera agora, ao comezo da tempada estival, por non querer xestionar ben as contratacións desde a acaldía. Un servizo público menos.
O servizo da quenda de noite está só cuberto en Viveiro por axentes da Policía Nacional, o que resulta a todas luces insuficiente xa que é habitual a colaboración entre estes dous corpos de seguridade para completar o servizo durante as noites. Un servizo público que veu funcionando durante os últimos anos grazas á implicación e profesionalidade dos axentes da Policía Local no cumprimento do seu deber.
Con Míriam Bermúdez na alcaldía non cabe dúbida que se retomará este servizo na súa totalidade pois é imprescindible salvagardar a seguridade cidadá. É preciso iniciar a contratación temporal dos axentes necesarios para contar con quenda de noite e garantir a seguridade da veciñanza as 24h.