Viveiro, 11 de maio, 2023. A candidata do BNG a gobernar Viveiro, Míriam Bermúdez, ten clara que unha das necesidades nas zonas como Covas e Cantarrá é o impulso de novas áreas de aparcamento gratuitas.
“Viveiro podería transformar fincas sen uso en aparcadoiros públicos gratuítos a través de contratos de préstamo de uso ou comodato, moi utilizado noutros concellos, deixando ás persoas propietarias dos terreos exentas de pagar o IBI polos anos que acorden as dúas partes”, clarificou Míriam Bermúdez.
“É unha mágoa que Cantarrá e Covas non conten con máis prazas de aparcamento. Con mínimas xestións e acondicionamento aceptable, poderíase desfrutar da comodidade de aparcar á primeira”, incide Míriam.
Co impulso desta medida, nunha das zonas máis saturadas do municipio melloraríase o asentamento da poboación, comercio e hostalería.