Site icon Crónica3.com A Mariña

Míriam Bermúdez, BNG Viveiro, anima a celebrar as Letras Galegas e lembra o acordo para o parque Irmandades da Fala

Viveiro, 16 de maio, 2023. Este 17 de maio de 2023, desde o BNG de Viveiro a candidata á alcaldía Míriam Bermúdez, chama a reivindicar a protección do galego e anima a celebrar o Día das Letras como un acto de orgullo colectivo.

Este ano as Letras xiran arredor de Francisco Fernández del Riego, quen baixo o pseudónimo de Salvador Lorenzana publicaba en 1971 “Pensamento e Sementeira”, libro no que se recollen numerosos artigos do viveirense Antón Vilar Ponte.

Polo que aproveitando a ocasión e recordando que Antón Vilar Ponte foi o principal impulsor das Irmandades da Fala, cremos necesario lembrar os seguintes incumprimentos:

1. Pasaron 7 anos xa e aínda non se cumpriu o acordo de nomear a zona axardinada da Misericordia Irmandades da Fala. Foi en febrero de 2016 cando o BNG presentaba a moción para nomear esta zona pública axardinada como parque das Irmandades da Fala e xestionar a colocación dun monolito neste lugar. A moción foi aprobada mais nada se ten feito.

2. No ano 2021 o BNG propuxo que se recupere o mural coas vidrieiras de Neira Brochs (composto polos escudos de Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Viveiro e a dedicada a Ramón Vilar Ponte), donadas polo comerciante Novo Guerreiro hai case 12 anos para instalar nun edificio público do Concello. A moción foi aprobada mais nada se ten feito.

3. Este 17 de maio de 2023, xa que a Academia Galega lle dedica a Francisco Fernández del Riego, cremos que podería ser unha data apropiada para reparar este desleixo recordando a obra dos irmáns Vilar Ponte tal e como fixo Francisco Fernández en “Pensamento e Sementeira”.

Exit mobile version