Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Gueimunde media entre a ANPA do CEIP Santa Rita, de Galdo, e a xefatura territorial de Educación para resolver as deficiencias do centro

Propón á xefatura territorial de Educación a execución de obras de mellora para as que se realizaría o proxecto neste mesmo ano

Viveiro, 15 de maio de 2023. A candidata do PP á alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde, ofreceuse a mediar entre a ANPA do CEIP Santa Rita, de Galdo, e a xefatura territorial de Educación para tratar de solventar a situación que deu lugar a convocatoria dunha protesta polo estado dalgunhas instalacións do centro.

Gueimunde sinala: “Reuninme onte ca ANPA para interesarme polo problema e ofrecinme para mediar coa xefatura territorial. Hoxe, luns, un técnico realizará a valoración e pedirá orzamento para realizar os traballos máis urxentes”.

Gueimunde comprometeuse “a propoñer obras de mellora á xefatura territorial, que realizaría o proxecto neste mesmo ano”.

Exit mobile version