Viveiro, 23 de maio de 2023. Os socialistas de Viveiro aseguran que, despois das actuacións levadas a cabo neste mandato para a posta en valor da garita de Monte Faro, “pretendemos continuar recuperando estes elementos militares”.
Neste sentido, tamén se incluíu na solicitude da convocatoria extraordinaria do Plan de Sostenibilidade Turística a posta en valor das antigas baterias militares existentes na Atalaia e na Insua.
“Estas actuacións teñen por finalidade a posta en valor e recuperación do patrimonio histórico, ao tempo que se incrementan os recursos turísticos do municipio”, explica María Loureiro, candidata socialista á reelección.
Neste caso, na solicitude da subvención referida incluíuse un orzamento de 60.000 euros para realizar o levantamento arqueolóxico das baterías de Atalaia e Insua, para poder realizar posteriormente a súa recuperación e posta en valor.