“Os socialistas fixemos os deberes desde o goberno local co Plan Xeral, pídolle ao PP e á Xunta vontade política e menos falar de proxectos irrealizables”, afirma a candidata socialista
“Levamos só unha horas de campaña e estou vendo proxectos doutras forzas políticas que se alonxan da realidade de Viveiro, debemos falar con responsabilidade e das cousas realmente importantes”, afirma Loureiro.
“O PXOM só está pendente da súa aprobación definitiva por parte da Xunta, que incluso pediu desculpas polas demoras na tramitación”, apunta a candidata socialista, “e falamos dunha ferramenta fundamental para o desenvolvemento do concello”.
“O goberno local cumpriu e agora tócalle a outros, convido ao PP de Viveiro a esixir á Xunta vontade política para avanzar coa VAC Costa Norte e cun plan industrial para a Mariña, xa que é o goberno autónomico o que ten as competencias”, engade Loureiro.