Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro pide “o apoio masivo dos meus veciños e veciñas para seguir traballando por Vivero, somos a única opción fiable e sólida para dirixir o futuro do noso concello”

Continuaremos co noso proxecto social e progresista, temos moitas actuacións e iniciativas xa encamiñadas”, asegura a candidata socialista

Viveiro, 26 de maio de 2023. María Loureiro García, candidata socialista á reelección como alcaldesa de Viveiro, pediu hoxe “o apoio masivo dos meus veciños e veciñas para seguir traballando por Viveiro, para mellorar o noso pobo como fixemos nestes últimos anos”.

Loureiro agradeceu “o interese e as propostas dos veciños e veciñas nesta campaña, onde fixemos un repaso dos últimos anos e falamos de futuro, de proxectos que xa temos moi encamiñados para Viveiro”.

“Nestes anos, puxemos en marcha numerosos servizos e infraestruturas públicas, e o que queremos e continuar coa nosa folla de ruta; cumprimos con Viveiro e pido o apoio masivo dos veciños para seguir polo mesmo camiño con humildade”, reiterou.

En palabras da candidata socialista, “somos a única opción fiable e sólida para dirixir o futuro do noso pobo, os socialistas queremos seguir traballando para que Viveiro teña máis recursos; temos proxecto, forza e ganas para seguir traballando por Viveiro”.

“Veñen catro anos moi bos para o noso concello se obtemos a vosa confianza o domingo, cun novo PXOM en camiño e moitos proxectos xa encamiñados que mellorán a vida de todos”, rematou Loureiro.

Exit mobile version