Na previsión de actuacións para esta zona inclúese “a ampliación da zona de aparcamento, o mantemento dunha zona de paseo peonil colindante ao mar e a creación dun amplo espazo de ocio, no que convivan o disfrute da natureza e do mar coa práctica deportiva”, explica María Loureiro, candidata socialista.
Neste sentido, preténdese crear tres zonas diferenciadas: na máis próxima ao mar, unha zona verde, con arboreda, mesas, bancos etc.; a continuación, unha zona deportiva e, finalmente, unha explanada que podería destinarse a aparcadoiro, celebración de eventos festivos e culturais, mercado, etc.
Na imaxe adxunta recóllese esta posible proposta, coa disposición dos usos planificados polo concello unha vez tramitada a reversión, tendo en conta que neste momento os espazos están destinados para usos portuarios.