As melloras inclúen o cambio da cuberta da entrada do centro, de portas e ventás, a renovación da iluminación e o proxecto para remodelar os baños
Tras unha reunión entre membros da ANPA e o responsable deste departamento autonómico promovida por Lamela o pasado mes de febreiro, Rodríguez volveu expresar ese compromiso ante máis de 100 persoas o pasado domingo coincidindo coa visita a Ferreira para apoiar a presentación da candidatura popular no municipio.
O alcaldable popular explica que “as instalacións teñen arredor de 50 anos e precisan actuacións para o seu acondicionamento”. Polo tanto, valora que se leven a cabo obras na cuberta da entrada do centro, o cambio de ventás e portas e a renovación da iluminación. Así mesmo, está previsto realizar un proxecto para remodelar os baños.