O alcaldable destacou as iniciativas de Shiifos e Muiñeiras Requiande S.L como fundamentais para o desenvolvemento do rural en Ribadeo.
Dani Vega subliñou a importancia de ter estas empresas en Ribadeo: “Shiifos é unha empresa de setas que está comercializando o seu produto nos mercados dos domingos e nos restaurantes do noso concello. Aspiran a seguir crecendo e nós, desde o noso grupo municipal, vamos a colaborar e traballar con eles conxuntamente para que sexa posible”.
Por outra banda, o alcaldable puxo en valor a transformación do produto como unha iniciativa máis para apoiar os produtos locais: “Fai dous anos en Cedofeita empezaron a súa historia coa transformación do produto. Nós temos unha proposta para elaborar ese produto, envasalo e introducilo nos centros educativos, unha iniciativa que fixemos na pandemia e agora queremos recuperar, pois non só poñemos en valor o produto, senón tamén a forma de vida dos nosos agricultores e gandeiros”. Neste sentido, en Muiñeiras de Requiande S.L están comprometidos co desenvolvemento sostible do medio rural e a revalorización do papel dos produtores e consumidores locais.
Pola súa parte, González salientou que desde a Consellería apostan por oportunidades que xeren riqueza no eido da agricultura e transformación do produtos. Iniciativas como a de Shiifos permiten impulsar a agricultura ecolóxica e por iso desde a Xunta de Galicia a apoian de xeito decidido. En canto a Muiñeiras de Requiande S.L, o conselleiro destacou a produción, elaboración, transformación e comercialización de todo tipo de produtos vexetais.
Neste sentido, desde a Consellería do Medio Rural apostan pola transformación e comercialización de produtos agrarios e, por iso, este ano as axudas ao efecto contaron cun orzamento de 30 millóns de euros