A candidata do PSdeG ás municipais do próximo 28 de maio destacou nunha reunión coa veciñanza que a transparencia e a cobertura dos servizos básicos serán as súas máximas cando chegue á Alcaldía
“Queremos mellorar a comunicación entre o Concello e a xente de Muras. Nós estamos dispostos a ir porta por porta”, explica Gómez. A socialista asegura que unha das súas prioridades cando chegue á Alcaldía será dar cobertura aos servizos básicos. “A xente non pide imposibles, necesita cousas ben sinxelas”, sinala. Entre esas cuestións ás que espera responder con eficacia desde o Concello apunta que está a limpeza de camiños e mantemento de vías e accesos municipais, tamén dar cobertura ás necesidades dos maiores, como os desprazamentos á farmacia ou levarlles a compra a domicilio.
No encontro dos socialistas participaron o Voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e o Concelleiro socialista de Vilalba, Eduardo Vidal. Ambos coincidiron na valía de Jennifer Gómez e destacaron que ela e a súa candidatura son a mellor opción para Muras.
A Alcaldable destacou que o PSdeG de Muras leva “unha lista que conxuga experiencia e xente nova. Somos persoas que viven no territorio e que por tanto coñecemos as necesidades que hai”. E destacou que “este é un equipo que ten ilusión, ideas e gañas de traballar”.
Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Muras
A candidatura socialista de Muras está composta polos seguintes candidatos e candidatas:
1- María Jennifer Gómez Galego
2- Rocío López Cao
3- Jonatan Carballido Pernas
4- Mario Rouco Rey
5- Carmen Ramil Picos
6- José Carlos Piñeiro Tojeiro
7- María Josefina Cillero Chao
Suplentes: Pedro Alfonso Durán Cao e José Miguel Bouza Corral.