Lugo, 23 de maio de 2023.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu hoxe a benvida aos secretarios e secretarias municipais da provincia que participaron esta mañá na reunión técnica para coordinar o proceso electoral do vindeiro 28 de maio. Durante o encontro, que tivo lugar na sede da Axencia Tributaria de Lugo, Isabel Rodríguez aproveitou para agradecer o traballo dos secretarios dos 67 concellos da provincia, velando pola transparencia, obxectividade do proceso e o principio de igualdade. Así mesmo, recoñeceu o esforzo e interese que poñen os traballadores públicos da Subdelegación do Goberno na provincia para que a xornada electoral transcorra con total normalidade. Esta reunión enmárcase no plan de coordinación loxística que leva a cabo a Subdelegación para as próximas eleccións municipais.