Site icon Crónica3.com A Mariña

García Bermúdez pediu o apoio d@s veciñ@s “para seguir traballando por Trabada e mellorar o noso pobo con humildade e respecto”

Trabada, 26 de maio, 2023. “Froito da nosa xestión e do esforzo de todos, saímos da parálise na que o PP nos tiña inmersos”, subliñou a Alcaldesa, quen destacou os importantes avances en materia de servizos, dotacións públicas, urbanismo, apoio ó sector primario e infraestruturas que conseguiu xunto co seu equipo nestes dous mandatos.

Mayra García afronta esta nova etapa “con proxectos de futuro, reais, claros e concretos, e con forza, ganas de seguir traballando, con ilusión e co aval da experiencia, do coñecemento e tamén da nosa traxectoria”.

“Somos a única opción fiable para dirixir o futuro do noso pobo. Fronte ó abandono e a desidia do PP, que como único proxecto en Trabada ten o de criticarme e insultarme, temos o modelo do Partido Socialista, de traballo e xestión”, subliñou a rexedora.

Exit mobile version