Os equipos cadete e xuvenil fixéronse co campionato nas súas respectivas categorías. Nerea e Masha mellores xogadoras cadete e xuvenil
O sábado día 20 xogaron as categorías alevín e cadete, donde as alevíns do Burela FS quedaron en 4º posto, proclamándose campioas da categoría as xogadoras do Marble Lago DVSport. Na categoría cadete as xogadoras mariñás gañaron o campionato, sendo Nerea a “Mellor Xogadora”.
O domingo día 21 foi o turno das xuvenís, que tamén se levaron a vitoria como campioas do torneo na súa categoría e Masha como “Mellor Xogadora”.
Todo un éxito para as categorías femininas da base do club, coordinadas por Jairo Campo, que tamén adestra aos equipos xunto a Emma Losada. Moi contentxs cos resultados xa que se trata dun proxeto de nova formación que medrou de maneira exponencial durante esta tempada e que se espera que siga aumentando durante o ano que ven.
Dende o club queremos agradecer ao Lago DV Sport As Pontes pola magnífica organización do Torneo e esperamos que se siga celebrando durante os anos próximos.