Site icon Crónica3.com A Mariña

Este 17 de maio celebrouse a cea de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Perdouro

Na xuntanza participaron 35 rapaces e gran parte do profesorado que lles deu clase durante o tempo que cursaron estudos no IES Perdouro. A cea desenvolveuse nun ambiente distendido e festivo. As cualificacións fixéronse públicas este xoves ás 9:00h e as matrículas de honra foron para Antón Expósito Campo que conseguiu unha media de 10 e Noa Saá del Río, cuxa nota media foi un 9.95.

Exit mobile version