Ribadeo, 12 de maio de 2023. Nas instalacións de Acisa Ribadeo foron entregados os premios ás gañadoras da campaña do día da nai.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “xa se coñecen os gañadores da campaña do día da nai. O sorteo tivo lugar este pasado mércores nas nosas instalacións. A gañadora da experiencia de desconexión para dúas persoas doada por Viaxes Eroski é Alicia Álvarez Fernández, por unha compra na Farmacia Álvarez Lebredo. A gañadora dun bono de 6 meses para BeOne é María Teresa Acevedo Pérez, por unha compra en Óptica Carreira. E a gañadora dos 100 euros en vales de compra doados por Acisa Ribadeo é Ana Vijande Iglesias, por unha compra feita en Bis a Bis. Dende Acisa estamos moi satisfeitos co resultado desta campaña na que se repartiron 10.000 rifas, e na que nos comercios e a hostalaría nos indican que houbo bos datos de vendas”.
E engade: “queremos agradecer especialmente aos ribadenses e á veciñanza da comarca a confianza no comercio local para celebrar esta data e tamén aos nosos colaboradores, nesta ocasión BeOne e Viaxes Eroski”.
No acto de entrega dos premios participaron o director do centro deportivo BeOne en Ribadeo, Javier Canel, a presidenta e o xerente de Acisa, Jesús Pérez e Carmen Cruzado. O premio de María Teresa Acevedo foi recollido por unha amiga súa e Ana Vijande Iglesias acudiu noutro momento a recoller o seu agasallo.
Rasca e gaña
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “hoxe comeza unha gran campaña en Ribadeo na que animamos a todos e todas a participar. Comeza o Rasca e Gaña de Acisa, no que se poñen en circulación 100.000 rascas, dos que máis de 15.000 teñen premio. Cando presentamos esta campaña dixemos que se trata probablemente da campaña con maior valor nos seus premios, e non esaxeramos xa que estamos a falar de que o valor dos premios pódese estimar en alo menos 180.000 euros, sen dubida algunha trátase da de maior valor que tivo calquera campaña na historia de Acisa Ribadeo”.
Pérez Prada subliñou: “temos moi boas expectativas postas nesta campaña, son 100.000 rascas os que se poñen en circulación, a campaña dura aproximadamente mes e medio. Coa prudencia que sempre requiren as cifras, facendo unha media de gasto de 30 euros por rasca entregado estaríamos a falar dun movemento económico de 2 millóns de euros, sen contar o posterior que xerarían os propios premios ao ser utilizados para novas compras ou consumicións. É dicir a repercusión económica será dobre, a da venta pola que che dan o rasca e a da venda para desfrutar o premio. Isto sen dubida algunha fai que esta poida ser a campaña con maior repercusión realizada por Acisa Ribadeo e con maior impacto económico. Con esta filosofía e coa que naceu o Rasca e Gaña de Acisa Ribadeo”.