Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro Interxeneracional do IES Dionisio Gamallo e o Centro de Día A Concordia

Ribadeo, 22 de maio, 2023. Fálame, Cóntame, Cántame…tráeme a primavera. Este é o nome da actividade ca que o IES Dionisio Gamallo e o Centro de Día “A Concordia” desenvolveron o seu I Encontro Interxeneracional.

Apoio, afouteza, gadaña ou filloa…son algunhas das máis de 20 palabras, nas nosas letras, que locen no balcón do Concello de Ribadeo.

A pancarta, construida conxuntamente, pendurará do balcón do Concello ata que este xoves, sexa acompañada polas persoas usuarias ao IES, onde recibirá unha distinguida recepción por parte do alumnado e do profesorado.

Buscouse construir un espazo de traballo en equipa onde o galego fose valorado e prezado. Pequenos xestos para facer a lingua grande.

“Ademáis de homenaxear a autores ilustres como Francisco Fernández del Riego e mullerenaxear autoras referentes como Xela Arias, defendemos que a lingua precisa agarimo e zume que a renove acotío. A lingua mantense viva no día a día, na explicación dunha actividade e na palabra xentil ca que nos saudamos. Celebrar voces e palabras para que a lingua floreza”

Exit mobile version