Carrera destacou que A Pastoriza “continuaremos a facer unha xestión racional, rigorosa e transparente”
A Pastoriza, 25 de maio de 2023. O Bloque Nacionalista Galego na Pastoriza celebrou no salón de actos do Concello, un acto público aberto no que se deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais como as propostas de goberno e de futuro da organización para despois do 28 de maio.
O acto contou con diversas intervencións, no que destacaron as de Olalla Rodil, deputada no Parlamento e a candidata do BNG á alcaldía da Pastoriza, Elva Carrera.
Elva Carrera declarou “teño a sorte de contar cunha equipa de 17 persoas chea de experiencia demostrada de diferentes ámbitos profesionais, que se ampara en novas ideas e o mellor esforzo de eles e elas para facer avanzar A Pastoriza”
Segundo a candidata “o BNG vai continuar coa folla de ruta para seguir mellorando A Pastoriza, dando prioridade as verdadeiras necesidades e resolvendo os problemas das veciñas e veciños, por iso, este 28 de maio precisamos ir a máis, camiñar xuntas e xuntos para que o BNG sexa quen lidere este concello, sempre desde a honestidade, o rigor e as ideas claras, porque A Pastoriza merece moito máis”.
Por outra banda, Carrera destacou “precisamos contar coa convicción de ampliar este proxecto para que as veciñas e veciños teñan máis oportunidades e servizos, a contar cunha administración máis áxil e doada, afondar nun proxecto centrado no desenvolvemento das nosas potencialidades, como é a nosa gandaría, que é unha potencia en Galiza e no Estado”.
“Este domingo 28 temos a oportunidade de que o Bloque Nacionalista Galego lidere un goberno que mire ao futuro, un goberno comprometido co benestar das veciñas e veciños, un goberno capaz de crer sinerxías para poder sacar o mellor deste concello, en definitiva, poñer á fronte da Pastoriza un goberno á altura que merece”, concluíu a candidata nacionalista, Elva Carrera.
Candidatura do BNG na Pastoriza:
1. Elva Carrera González
2. José Antonio Veiga Pérez
3. Rocío López Pacio
4. Verónica Rodríguez Gesto
5. Fidel García Paz
6. Yolanda Otero Logilde
7. Manuel Seivane Vila
8. Félix González Grandío
9. Noelia Rancaño Vidal
10. Óscar López López
11. José Ignacio Rivas Vidal
Suplentes
1. Miguel Folgueira Bouso
2. Xosé María Eloi Villada Legaspi
3. Vanessa Pérez Lejo
4. Eduardo Muíña Pérez
5. María Isabel Otero Moirón
6. Arcadio Sánchez Legaspi