Durante esta semana asistirán ao instituto de hostelería “Şule – Muzaffer Büyük Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi” para coñecer como funciona o sistema educativo turco, a organización das clases e compartir coñecementos de gastronomía turco-galega. Este centro colabora co IES de Foz dende 2019 e acolleu en prácticas a alumnos da Mariña na rexión turística de costa, Side, onde hai numerosos hoteis de cinco estrelas, con clientela rusa e alemá na súa maioría. Recentemente un profesor do centro, Ali Eyileten, estivo realizando unha formación no IES de Foz impartindo clases de gastronomía turca. Esta viaxe está encadrada dentro do programa Erasmus+ na súa modalidade de visitas de traballo para profesorado e financiado pola Unión Europea.