Durante esta semana asistirán ao instituto de hostelería “Şule – Muzaffer Büyük Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi” para coñecer como funciona o sistema educativo turco, a organización das clases e compartir coñecementos de gastronomía turco-galega. Este centro colabora co IES de Foz dende 2019 e acolleu en prácticas a alumnos da Mariña na rexión turística de costa, Side, onde hai numerosos hoteis de cinco estrelas, con clientela rusa e alemá na súa maioría. Recentemente un profesor do centro, Ali Eyileten, estivo realizando unha formación no IES de Foz impartindo clases de gastronomía turca. Esta viaxe está encadrada dentro do programa Erasmus+ na súa modalidade de visitas de traballo para profesorado e financiado pola Unión Europea.
Dous profesores do IES de Foz, Sindo Martínez e Marcos Santamaría, realizan unha estancia formativa de 10 días en Manavgat, no sur de Turquía, na rexión de Antalya
Dous profesores do IES de Foz, Sindo Martínez e Marcos Santamaría, realizan unha estancia formativa de 10 días en Manavgat, no sur de Turquía, na rexión de Antalya
Relacionado
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros