Lugo, 1 maio de 2023. Medio Rural da Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa Asociación As San Lucas na organización das Quendas de Mondoñedo, que viviron hoxe o seu día grande coa feira de gando tradicional, con gando cabalar e vacún, e unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de ovella e cabra galega, razas bovinas autóctonas, cabalos de Pura Raza Galega e porco celta.
A área provincial achegou os trofeos que recibiron as gandeirías e os xinetes e amazonas premiadas, nunha xornada que volveu poñer de manifesto o interese que esperta esta cita máis aló da comarca e a implicación das novas xeneracións na continuidade da tradición gandeira.
Medio Rural da Deputación tamén colaborou, a través de Puraga, co organización do certame morfolóxico de Pura Raza Galega e do concurso de andadura de cabalo marchador galego que se celebraron onte.