Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “Traballamos xestionando e invertindo en Ribadeo durante os 4 anos, non é unha cousa de agora”

As accións do dragado na Ría de Ribadeo e da mellora do porto contemplan un orzamento de case 4 millóns de euros

Ribadeo, 2 de maio de 2023. O candidato a alcaldía de Ribadeo, Dani Vega, valorou positivamente o traballo do grupo municipal popular en materia de xestión e inversión para Ribadeo, principalmente co dragado da Ría. “Seguimos e seguiremos xestionando orzamento para Ribadeo. Non é unha cousa puntual pois estes últimos catro anos levamos traballando con Portos de Galicia, coa Xunta de Galicia e con todos os axentes implicados para renovar e modernizar o porto de Ribadeo”, di o alcaldable.

Neste sentido, o proxecto do dragado da Ría está facéndose por catro fases cun orzamento de 3,7 millóns de euros para os próximos anos. O proxecto contempla unha actuación inicial de dragado e ampliación do calado e tres máis de mantemento. “Esta inversión supón a maior inversión feira na Mariña lucense no que se refire a dragados e supón unha reforza da estrutura do porto. Con estas accións estamos potenciando o espazo industrial do porto, pero tamén o mariñeiro e a zona máis deportiva no Real Club Náutico de Ribadeo, en definitiva, afianzar toda a zona económica do porto”, explica Vega.

En relación á mellora do porto de Ribadeo o alcaldable subliñou que “era necesario orzamento para concretar as primeiras accións coa mellora do entorno da lonxa. Fai poucos días, e gracias a orzamento de 200.000 €, reformábamos todo o entorno da lonxa cun novo aglomerado, pois o anterior estaba moi deteriorado e agora estamos reformando toda a rúa do porto de Ribadeo, renovando o adoquín que estaba tamén moi deteriorado e desgastado”.

Exit mobile version