O alcaldable subliñou o compromiso da Xunta de Galicia neste asunto ao no ser o Hosìtal Asilo estritamente da súa competencia
O alcaldable valorou positivamente a visita da conselleira. “Pedimos que se informe ás familias das posibles ubicacións das persoas que viven no hospital e tamén pedimos que este traslado sexa o máis próximo posible a Ribadeo”, di, e engade que “solicitamos o desprazamento dun equipo técnico para que informen aos familiares das posibilidades que teñen”.
Vega cre que é importante manter un contacto directo coas familias para resolver as súas dúbidas e preocupacións e subliña o traballo da Xunta de Galicia neste aspecto: “Hai que valorar que non é facil facer este traslado, é moi complexo ao non haber residencias para acoller a tanta xente. Pero creo que a Xunta está facendo un labor extraordinaria e amosa o seu compromiso coas familias intervindo nun centro que non é estrictamente da súa competencia”.
Desde o principio o grupo municipal popular estivo traballando para que o Hospital Asilo tivera unha reforma integral e esixiron que se explicara a herdanza do Doutor Moureda, que deixaba máis de 700.000 euros. “Nós como grupo municipal estamos na procura de solucións para os problemas, e agora o máis importante é informar ás familias dos pasos que se están a dar co traslado das persoas do Hospital Asilo”, di Dani Vega