A conselleira do Mar visitou onte pola tarde Ribadeo para respaldar o proxecto do candidato á alcaldía, Dani Vega
En relación á mellora do porto de Ribadeo o alcaldable subliñou que “era necesario este orzamento de 200.000 € para concretar as primeiras accións coa mellora do entorno da lonxa”. O antigo aglomerado estaba moi desgastado e “incorporouse un novo aglomerado, renovando o adoquín que estaba moi detoriorado”.
Vega destaca a liña de traballo durante estes catro anos pois “pouco a pouco vamos a ir facendo todas as melloras no porto e tamén co dragado, que é fundamental. En definitiva vamos a seguir traballando por traer inversión para Ribadeo co obxectivo de mellorar e modernizar todo o porto que crea tanta riqueza na nosa vila”. O alcaldable subliñou tamén que no seu proxecto político son pilares fundamentais a modernización do porto e atraer inversión para Ribadeo.
A titular do Mar, pola súa banda, puxo en valor a importancia de Ribadeo como porto pesqueiro e salientou o peso da actividade extractiva na economía local. Neste sentido, asegurou que a pesca ten futuro malia os importantes desafíos aos que se enfronta e que non hai mellor persoa para defender os seus intereses desde o goberno local que Dani Vega.