O alcaldable destacou o importante papel da muller no partido e, por iso, “non podíamos comezar a campaña con outro acto que non fora poñendo o valor das nosas mulleres que día a día están levantando Ribadeo”
Vega subliña a presenza da muller en Ribadeo en tódolos eidos: “temos que destacar ás mulleres que día a día están levantando Ribadeo, xa sexa sector servizos, hostalería, na educación temos mestras que non só fan ben o seu traballo senón que teñen unha implicación cos mozos e mozas de Ribadeo en ámbitos culturais. Temos mulleres fortes e traballadores que ademais de educar aos nosos nenos dirixen a coral polifónica, o coro xuvenil ou forman parte das AMPAS e tamén temos que destacar o papel tan importante da muller do mar.”
Por outra banda, o candidato di: “En xeral cada unha das mulleres traballadoras aporta individualmente e axuda moito ao colectivo de Ribadeo e, como non podía ser de outra forma, un partido como o noso que está liderado por mulleres. Por iso mesmo, tiñamos que empezar o primeiro acto apoiando as mulleres do noso municipio”.
Pola súa parte, María Jesús Lorenzana agradeceu a Daniel Vega e a todo o seu equipo a invitación ao acto no que asegurou o compromiso do Goberno galego para poñer o aceno na mellora das condicións laborais e a prol da igualdade das mulleres galegas. Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia conta co Plan Emprega Muller que, cun orzamento de máis de 16 millóns de euros, está conformado por programas específicos para prestar un apoio integral para o acceso, o mantemento, a consolidación e a promoción profesional do colectivo feminino. “A mulleres rurais sodes unha forza clave do noso mercado de traballo. Representades a cuarta parte da poboación mundial e sodes un dos alicerces esenciais para o desenvolvemento sostible e para a valorización do medio rural, que é a despensa e o pulmón do mundo”, dixo a conselleira.