Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro de Mariñaos celebra este domingo a Merenda das Letras

Barreiros, 6 de maio, 2023. A Asociación Irmandade San Caetano celebra este domingo 7 de maio o acto conmemorativo das Letras Galegas, efeméride que este ano está dedicada ao insigne veciño laurentino D. Francisco Fernández del Riego, quen tal como se recolle no seu libro “Lourenzá”, incluía nos seus paseos a parroquia de Celeiro de Mariñaos, da que lle chamaban a atención o interesante conxunto de arquitectura popular formado polos seus cabozos, así como a capela de San Caetano xunto ao pazo homónimo.

Esta actividade será nas Escolas de Celeiro de Mariñaos a partir das 6 da tarde, donde nen@s e maiores poderán disfrutar da Merenda das Letras, e haberá música tradicional e a actuación de Peter Punk Pallaso que presentará o espectáculo “Punkdemia”.

Colaboran neste evento a Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros e Eroski Barreiros.

Exit mobile version