O candidato do PP á alcaldía lembra que “as obras grandes de Foz están sen facer, porque foron catro anos nos que non se xestionou nada: non se fixo o auditorio, non se deu solución ao asilo de anciáns e as entrada de Foz están que dan pena”
Castiñeira lembra que a día de hoxe “as obras grandes de Foz están sen facer, porque foron catro anos nos que non se xestionou nada: non se fixo o auditorio, non se deu solución ao asilo de anciáns e as entrada de Foz están que dan pena; hai moito que facer e haino que facer con colaboración institucional, algo que só pode facer o PP”.
O alcaldable popular anuncia: “Demandaremos investimentos por parte da Deputación e da Xunta e estou seguro de que faremos un bo goberno, porque temos un equipo preparado, que non vai dimitir no primeiro terzo do mandato; un equipo con experiencia de xestión. Podemos pedir o voto para o PP fronte á outra alternativa, o bipartito PSOE-BNG que sufrimos estes últimos catro anos”.