Con todo, todas as etapas – por moi boas que sexan – teñen un fin, e Peque dirá adeus ao Pescados Rubén Burela FS ao finalizar esta tempada. Unha despedida que será só un “ata sempre”, xa que esta sempre será a súa casa.
Peque chegou a Burela na tempada 2011-12, permanecendo no club 5 anos. Na tempada 2018-19 volveu dende Italia e formou parte, como unha da xogadoras clave, do mellor momento histórico deportivo do Pescados Rubén Burela FS.
Durante este tempo Peque conseguiu 4 Ligas nacionais, 6 Copas da Raíña, 5 Supercopas de España, gañar a 4Nations Futsal en Italia, a Futsal Women’s European Champions en Lugo e 5 Copas Galicia. Ademais, durante este período tamén gozou de grandes éxitos coa Selección Española, logrando 3 Eurocopas.
Unha gran campioa, unha gran Guerreira Laranxa, merécese unha despedida ao grande xunto á súa querida afección e ao pobo que a viu crecer profesionalmente, converténdose nunha das mellores xogadoras do mundo de fútbol sala. Para nós, A MELLOR, sen ningún tipo de dúbida. Por iso, durante o partido desta fin de semana en Vista Alegre, realizarase un acto homenaxe a Peque, un acto especial para dicirlle “ata sempre” á nosa capitá. Estades todos convidados!
Desde Pescados Rubén Burela FS queremos darlle as grazas a Peque por tantos anos de compromiso e profesionalidade, unha xogadora de club que sempre será un referente en Burela.
Grazas Peque, grazas capitá!