Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas perden en Poio no derradeiro partido da tempada

Sábado 27 de maio. Ás 18.30 horas desta tarde, sábado 27, no Pavillón Municipal La Seca de Poio, disputouse o encontro da xornada 30 de Primeira Federación de Futsal Feminina, último encontro da tempada, co clásico dos derbis galegos Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS. Derbi non sólamente importante por ser o clásico, neste caso ambos os equipos, que ocupaban e seguen ocupando o 2º posto (o Poio) e o 3º posto (o Pescados Rubén) na táboa clasificatoria, a poucos puntos de diferenza xogábanse o factor cancha no vindeiro Playoff, unha boa vantaxe que se levou o equipo pontevedrés que saíu vitorioso de encontro cun resultado final 2-1. Un encontro no que o conxunto laranxa dominou o balón a maior parte do tempo pero non soubo finalizar con acerto, ao contrario que o equipo pontevedrés, que soubo aproveitar as non moitas oportunidades que tivo durante o encontro.

Na primeira parte comeza presionando o Burela cunha oportunidade de Emilly no minuto 1, entre outras. A pesar de que o equipo laranxa chegaba a portería e dominaba o balón chega o gol do Poio no minuto 7 tras unha moi boa saída e roubo de balón de Sandra Buzón nun pase de Jenny a Antía que empeza o contraataque por parte de Laura Uña, Irene e Luci que remata en 1-0 para as pontevedresas. Tras numerosas oportunidades do Burela que non entran en portería, entre outras Antía no minuto 10 tras un roubo de Dany, outra de Peque nunha contra de novo tras un roubo de Dany nun saque de corner que remata nun paradón da habilidosa porteira Sandra Buzón, dúas oportunidades máis no minuto 15, outra de Peque cun tiro raso que volve a deter Sandra e a segunda de Patricia que vai fóra tras un saque de banda. Chega por fin o gol do Pescados Rubén Burela FS cun disparo de Dany desde fóra da área despois dun pase longo de Emilly. Chega o descanso 1-1 no marcador.

Na segunda parte, o Burela sae co mesmo quinteto que no inicio o partido, comeza o xogo presionando e dominando o Burela, con 5 disparos a porta nos primeiros 2 minutos. Outro paradón de Sandra Buzón tras un disparo de Peque tras un roubo de balón no minuto 23, outra oportunidade de Jenny no 31 tras unha recuperación de balón de Emilly. Tras un paradón espectacular de Jozi Oliveira, dobre oportunidade de Antía no minuto 32 despois dunha parede con Peque cun disparo que desvía Sandra e outra tras o corner que vai fóra e, no minuto 33, chega o gol de Laura Uña nun rexeite tras unha recuperación e tiro a porta de Irene. Tras bastantes oportunidades máis, dúas de Dany, Irene Samper, Emilly e probar con porteira-xogadora con Patricia, segue sen chegar o gol ata o final do encontro, que se resolve 2-1 outorgando o factor cancha ao Poio Pescamar FS.

A pesar da derrota e a perda da vantaxe que é comezar o Playoff xogando na casa, do que si que se lamenta o técnico do conxunto mariñán, Julio Delgado, móstrase positivo, xa que dominaron todo o partido e, aínda que non estiveron certeiras, “hai que buscar as cousas boas, creo que empezamos bastante ben o partido, cunha boa defensa. Parece que ao principio tiñamos un pouquiño de ansiedade, logo xa na segunda parte saímos un pouquiño máis tranquilas”, “non me vou descontento do partido, amolado pola derrota pero ben, non estivo o equipo a un nivel alto e ao rival custoulle gañarnos. Vin o partido totalmente do noso lado, creo que a proposta de fútbol sala volvímola poñer nós e ao final este tipo de partidos son así e ás veces pérdese”. E sobre o Playoff, “quedo tranquilo porque ao final os partidos importantes son estes, teño un bo scouting para ver e un bo partido para analizar onde podemos facerlles dano e estou convencido de que o sábado vai ser un partido diferente e ímonos a levar a primeira vitoria do Playoff”.

Ficha Técnica Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS

Poio Pescamar FS: Sandra Buzón (P), Laura Uña, Martita, Anna Escribano, Luci, – cinco inicial -, Elena Aragón, Agostina, Dani Sousa (C), Irene, Rocío Gómez, Elena (P)

Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Claudia, Jenny, Antía Pérez, Dasha, Patricia, Emilly, Ester (P), Caridad (P).

Goles: Min.7 Luci 1-0; min.17 Dany 1-1; min.33 Laura Uña 2-1.

Equipo Arbitral: Roberto Segundo Amor Vizoso, Borja Darriba Villamor, María López López, Carlos Mosquera González.

TA: min.23 Martita, min.32 Antía Pérez.

Exit mobile version