Viveiro, 3 de maio, 2023. A AAVV Casco Antigo de Viveiro ven de realizar os trámites pertinentes perante a Valedora do Pobo para facerse escoitar respecto ao ruído e gamberrismo que se rexistra no Casco Antigo da cidade e o desleixo do Concello ante a agrupación ao non respostar aos innumerables escritos presentados pola mesma.
Con data de 28 de abril a Valedora comunícalle á asociación que, unha vez estudiado o expediente, foron admitidas a trámite as súas demandas e inician as actuacións oportunas ante o Concello de Viveiro para obter información sobre o asunto nun prazo de 15 días.