A concelleira de Festexos e presidenta da comisión organizadora, Toñi Eijo, explicou que “desde o Concello e desde a comisión organizadora das festas para facilitar que as persoas afectadas por alteracións do espectro autista, que padecen de problemas sensoriais, solicitamos ao recinto feiral de atraccións que ofreza os días 2, 3, 4 e 5 en horario de seis a sete da tarde o funcionamento desas atraccións sen música para que estas persoas disfrutar dos nosos festexos”.
Eijo engadiu que “todas e todos temos o dereito de poder gozar das nosas festas patronais, que entran xa de cheo nos seus días grandes. E queremos que neste 2023 sexan uns festexos o máis inclusivos posible. Por este motivo pedimos a colaboración das atraccións do recinto feiral nesa franxa horaria e durante eses catro días”.