Viveiro, 22 de maio, 2023. O deputado Antón Gómez-Reino fará campaña en Viveiro, nun acto previsto para o mércores 24 de maio as 20:30 no Conservatoria Profesional de Música da localidade. Tamén contará coa participación de Roberto Yáñez, aspirante morado a rexedor, ademáis do ex-concelleiro socialista Carlos Alberto Gueimude, número dous da lista.
Yáñez, que xa contara co apoio da actual concelleira de Son Viveiro, María José Basanta, durante a presentación da súa candidatura o 22 de abril, mostrouse “encantando” polo apoio de Gómez-Reino: “a súa labor no Congreso é impecable”.
“É un gran compañeiro e un gran deputado, que sempre tivo a Mariña Lucense moi presente na súa labor no Congreso” sinalou o alcaldable de Podemos, “como a defensa dos traballadores de Alcoa, ou a forma na que urxiou o Ministerio de Transportes arranxar o afundimento do tramo Foz-Burela na estrada N-642″.