Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Miranda e Rosana Rérez respaldan as candidaturas de Francisco X. Fanego e Mario Pillado nos actos celebrados en Foz e Burela

O BNG intensifica os actos e contactos coa veciñanza neste ecuador de campaña

A Mariña, sábado 20 de maio 2023. O BNG continúa intensificando os actos e contactos cos veciños e veciñas da Mariña neste ecuador da campaña. A deputada no Parlamento Europeo, Ana Miranda arroupou en Foz xunto co deputado mariñao Daniel Castro, a candidatura que encabeza Francisco X. Fanego.

E ao acto celebrado en Burela este venres asistíu a deputada no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, membro da comisión de pesca do BNG xunto co tamén deputado Daniel Castro para respaldar a candidatura de Mario Pillado.

Modelo BNG

Os candidatos e as deputadas referíronse ao Modelo BNG para os concellos, un modelo propio, recoñecible, donde os concellos BNG son referencia polas súas políticas municipais, as transformacións urbanas, e as súas experiencias e accións recoñecidas e premiadas dentro e fóra de Galiza. Un modelo que pón no centro as necesidades da veciñanza, que pón no centro ás persoas e que fai que os veciños e veciñas se sintan orgullosxs do seu concello.

A Mariña, no centro das accións do BNG

As deputadas referironse tamén aos moitos problemas que arrastra esta comarca a nivel de emprego, industria, pesca e infraestruturas nos últimos anos, problemas que sempre centraron e centrarán a actuación política do BNG, diante do abandono ao que Psoe e Partido Partido Popular someteron e someten á Mariña desde os gobernos da Xunta e do Estado, polo que nestas eleccións municipais hai que pensar e actuar tamén en clave comarcal desde os concellos.

Acto Público aberto en San Cibrao

Este domingo 21 de maio, o BNG celebrarán un acto público aberto na Casa do Mar de San Cibrao ás 12:30, co candidato á alcaldía de Cervo, Diego Fernández, a númerto 2 da candidatura Zulema Murado e o deputado Daniel Castro.

Exit mobile version