Xunto á rapazada estivo esta mañá o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.
O edil ribadense comentou que “seguimos con estes obradoiros de queixo para a xente moza. Para moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario. As nenas e os nenos que esta mañá se desprazaron ao CFEA Pedro Murias descubriron con moita atención todo o proceso de elaboración do queixo”.
A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.