Ademais desta “inestimable axuda” por parte da Xunta de Galicia, Alfonso Villares agradeceu tamén a Alfonso Rueda persoalmente “o interese demostrado sempre por todas as cuestións e todas as demandas que lle son trasladadas desde Cervo”
“Nesta campaña ofrecemos o traballo feito ao longo destes anos ao carón dos veciños”, sinalou o rexedor reivindicando a capacidade de escoita do seu goberno: “Levamos anos escoitando e intentando levar adiante de xeito humilde todas as peticións e demandas que nos traslada a veciñanza”